Títeres
Mondoñedo acollerá a primeira Mostra de Títeres desde o venres 18 ata o domingo 20 de outubro.
O venres ás 18:30 horas na Praza do Concello representarase A Tómbola do Cromina, a cargo do grupo galego Mircromina Teatro de Títeres. En caso de choiva trasladarase á Casa da Xuventude.
O sábado ás 18:30 horas na Casa da Xuventude a compañía Titiritainas, de Ecuador, ofrecerá a obra Diente de leche.
E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Concello o grupo Espada de Madera, de Ecuador, representará El tío Carachos. En caso de choiva será na Casa da Xuventude.
Esta mostra está organizada por O Fantástico Taller dos Títeres, de Mondoñedo.
Tanxarina Títeres chega este sábado, 5 de novembro, ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, con A Cazola de Lola. Trátase dun espectáculo para o público infantil dirixido por Cándido Pazó e con coreografía de A Panadaría. Será ás 18:00 horas.
“Lola sempre arrastra un cazo atrás dela.O cazo caeulle un día enriba... Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro... Ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente existen persoas maravillosas, só fai falta dar cunha delas...”
A compañía Spaguetti Títeres presenta Historias para unha man, dentro do ciclo Monicreques, organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo e a Concellería de Cultura de Burela.
A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este xoves, 23 de decembro, ás 18:00 horas. A obra está destinada a todos os públicos e a entrada é libre ata completar aforo.
Trátase dun espectáculo sen palabras, composto de catro pezas da vida cotiá: o soño, a pingueira, historias con frores e o impo, todas elas conducidas polas mans que poñen e quitan do escenario pois estas son a ialma dos títeres.