Fin de semana chea de actividades culturais en Burela do 17 ao 19 de xuño para os públicos infantil e adulto.

Fin de semana chea de actividades culturais en Burela do 17 ao 19 de xuño para os públicos infantil e adulto.
 
Este venres, 17 de xuño, ás 21 horas na Casa da Cultura La Smorfia Teatro porá en escena “La primera mujer en la tierra”, que protagoniza a actriz de orixe burelés e pregoeira das pasadas festas patronais, Rosalía Castro. 
 
O sábado, día 18, haberá marionetas para os máis pequenos con Trécola, a partir das 17:30 horas tamén na Casa da Cultura. 
 
E tamén a Concellería de Cultura, Xuventude, Sanidade e Educación a través do Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2016 da Secretaría de Política Lingüística, organiza a actuación  “Todo me fala de ti” dirixido a público familiar. Trátase dun espectáculo musical no que Magín Blanco, Uxía e Santi Cebreiro presentan a obra poética de Manuel María.  O concerto será de balde o próximo domingo, 19 de xuño, ás 19:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura  de Burela.