A Concellaría de Cultura de Ribadeo inicia este xoves, 26 de marzo, unha xeira de espectáculos dirixidos aos máis pequen@s. A primeira proposta estará protagonizada por Títeres Trompicallo.

A Concellaría de Cultura de Ribadeo inicia este xoves, 26 de marzo, unha xeira de espectáculos dirixidos aos máis pequen@s. A primeira proposta estará protagonizada por Títeres Trompicallo.
 
A Concellaría de Cultura inicia este xoves, 26 de marzo, como cada curso unha xeira de espectáculos dirixidos aos máis pequen@s e en colaboración con colexios e institutos. 
Segundo explica a concelleira Mariluz Álvarez Lastra “téntase que polo menos unha vez ao ano os nenos e as nenas das distintas idades se familiaricen coas artes escénicas á parte de que poidan acudir á programación estable que se ofrece os domingos baixo o nome de A función d@s pícaros”. 
A primeira das tres propostas que vai haber ata finais de curso corre a cargo dunha das mellores compañías de títeres do país, Títeres Trompicallo que poñerá en escena a obra Rumpelstikin, o anano saltarín. 
Á función acudirá alumnado do colexio público Gregorio Sanz e do Sagrado Corazón. Será este xoves ás 11.00 horas no auditorio municipal e terá unha duración de 60 minutos.