Rapa

Etiquetas:
09/07/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, ofrece o soporte técnico e financiamento necesario para a posta en marcha da Rapa das Bestas de Neipín. Equus Norte organiza esta actividade que nace o 20 de xullo na Pontenova co obxectivo de promover a actividade gandeira na Mariña e na provincia de Lugo.

O deputado de Rural Daniel García presentou a cita xunto a Javier Veiga, presidente da entidade organizadora; Isabel Couto, tenente de alcalde; e o concelleiro Xorxe Gómez. A I Rapa da Pontenova súmase á axenda da comarca na que se inclúen eventos históricos como Candaoso, en Viveiro, ou Campo do Oso, en Mondoñedo, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Daniel García explicou o apoio de 18.000 euros dende a área de Rural “para a posta en marcha desta cita, á que desexamos unha longa...

leer más
Etiquetas:
04/07/2024

A 53ª edición da Rapa das Bestas de Candaoso, nos montes de Buio e Lerín, da parroquia viveirense de Boimente, celebrarase esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7. Esta feira e festa está declarada de interese turístico.

As actividades empezarán o sábado pola tarde coas actuacións musicais do trío Zafiro e a disco móbil Conxuro.

O domingo haberá feira de gando cabalar e para as 10 horas está prevista a baixada do gando e o peche do curro. A sesión vermú estará amenizada polo trío Zafiro e a partir das 16:00 horas disputaranse carreiras e outras competicións de cabalos e burros.

 

27/06/2024

A cuadraxésimo quinta edición da Rapa das Bestas de Campo do Oso, no concello de Mondoñedo, celebrarase este domingo, 30 de xuño.

Para as 10:30 horas está programada a saída dos xinetes para a baixada dos animais ó curro, que será ás 11:30 horas; e ás 12:15 empezará a rapa e marcado dos animais. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú, ás 15:00 empezará o xantar popular e a partir das 17:00 horas terá lugar o baile de tarde.

Haberá xornadas de degustación de carne de poldro de balde e a festa estará amenizada por Verónica Cambón.