Ribadeo
Trinta e dous equipos participarán os días 11 e 12 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de benxamín e prebenxamín. Os encontros disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do Ceip Gregorio Sanz.
Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e Portugal son os lugares de procedencia destes xoves xogadores e das súas familias. En total arredor de 600 xogadores se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña que “entre xogadores e acompañantes estamos a falar de que recibiremos en Ribadeo a preto de dúas mil persoas esta fin de semana co que iso suporá para a economía local, sobre todo para hoteis, bares, restaurantes e tamén para o comercio”. E engadiu que “as fins de semana nas que se celebran torneos deportivos deste calibre son moi importantes para...
leer másA nova edición do Ribadeo Ilustrado desenvolverase desde este xoves, día 9, ata o domingo 12 cunha programación variada, chea de actividades vencelladas á xente do mar coa figura do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, como protagonista.
O xoves 9 ás 19:00 horas na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurarase a exposición Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas, da Rede Museística Provincial de Lugo.
Ao día seguinte ás 19:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, que é o Pazo de Ibáñez, haberá unha conferencia a cargo de Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela que falará de Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: un empresario nunha vila dinámica. A continuación, as 20:30 horas, terá lugar a representación teatral Chegada á vila de Ribadeo...
leer másO Concello ven de abrir o prazo de inscrición para participar na sétima edición do Mercadiño de Ultramar e no novo espazo gastronómico, que se desenvolverán dentro do Ribadeo Indiano.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “un ano máis o Mercadiño de Ultramar terá lugar dentro da VII edición do Ribadeo Indiano, que este ano estará dedicado ás mulleres, tanto ás se foron como ás que quedaron. O Mercadiño de Ultramar desenvolvérase o sábado 9 de xullo e pretende traer unha recreación e mostra de produtos e mercancías de ultramar así como de oficios de época. Terá horario continuo dende ás 11:00 da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite”..
As persoas que desexen participar poderán presentar a súa solicitude ata o día 22...
leer másA Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, impartirá dous cursos presenciais os días 15 e 16 de xuño.
O día 15 terá lugar o curso sobre Pagos en Internet. Falarase sobre como facer pagos a través da banca electrónica, pagos en comercios electrónicos, a través de PayPal, con exemplos de usos cotiáns.. Tamén se explicará a seguridade que hai que ter con estes sistemas así como recomendacións ou consellos para non caer en posibles estafas.
E o día 16 será o curso sobre APP`s sobre relatos e audiolibros, que hoxe en día están acadando maior mercado. Explicarase como descargar libros nos dispositivos e a procura de diferentes temáticas. Introducirase aos asistentes tamén ao mundo sobre relatos en chat e informarase do seu uso.
Calquera dúbida poderá ser despexada no mesmo curso mediante roldas de...
leer másO vindeiro xoves, 9 de xuño, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do libro de Francisco Rodríguez Sánchez,"Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). I. A relevancia do reino galego medieval" (editado pola AS-PG.).
No acto falarán: Falarán Farruco Graña (presidente da A.C. Franciso Lanza) e o propio autor da publicación, Francisco Rodríguez Sánchez.
O acto está organizado pola asociación Francisco Lanza e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A Área de Cultura do Concello celebra este sábado os sete anos do proxecto Apego, que busca potenciar que as persoas adultas lles transmitan ás crianzas o amor polo idioma galego. No parque do Xardín haberá actividades a partir das cinco da tarde.
A edil Pilar Otero dixo que “Apego é unha idea a nivel galego que xunta entidades locais e universidades, concellos de cidades grandes e de vilas medianas e pequenas, municipios rurais e de todas as cores políticas. Iso é o importante, o idioma é unha riqueza de todos e todos e todas debemos usalo para que siga vivo, independentemente das nosas ideas. É patrimonio común”.
A concelleira de Cultura subliñou que “sempre hai que aclarar que usar o galego, transmitirllo ás nosas nenas e nenos, non significa que nos pechemos aos demais idiomas. Ao revés, o ideal é saber...
leer másO parque de San Francisco acollerá a celebración da 1ª Feira do Mercado Social o vindeiro 18 de xuño. A cita foi presentada hoxe no Concello de Ribadeo. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, xunto a membros de entidades como Reas ou Lugar das Marías.
Vizoso Galdo contou que “hoxe presentamos a 1ª Feira do Mercado Social acompañados dalgunhas das entidades que formarán parte deste evento, que se celebrará no parque de San Francisco o sábado 18 de xuño. O obxectivo desta actividade é promover a rede local de comercio e consumo no concello de Ribadeo, achegando e fomentando este modelo económico e informando sobre el a toda a poboación”.
O edil ribadense subliñou que “con esta feira o Concello de Ribadeo súmase ao compromiso de afianzar na economía...
leer másVinte equipos participarán os días 4 e 5 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de alevín e miniprebenxamín. Os encontros disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do Ceip Gregorio Sanz.
Galicia, Asturias e Cantabria son os lugares de procedencia destes xoves xogadores e das súas familias. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña “a incidencia que estes eventos deportivos teñen na economía local, sobre todo nos hoteis, nos bares e nos restaurantes, pero tamén no comercio”.
O XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías alevín e miniprebenxamín foi presentado polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, polo xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e polo...
leer másHoxe foi presentada a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xuño e que estará centrada na figura de Antonio Raimundo Ibáñez. A programación inclúe un ciclo de conferencias, representacións teatrais, demostracións de oficios tradicionais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e tamén a técnica de Turismo, Begoña García.
Vizoso Galdo explicou que “vimos de presentar a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que terá lugar os día 10, 11 e 12 de xuño. Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense e aos visitantes a importancia dunha época histórica na que tiveron lugar unha serie de acontecementos ao longo dos séculos XVIII e XIX que mudaron...
leer más