Deportes
O programa de actividades ‘Xove ponte en forma’ empeza o 2 de outubro, luns. Inclúe ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e ximnasia na auga para maiores.
A ximnasia de mantemento será os luns de 11:30 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:15 horas.
A actividade de aerobic & full body desenvolverase os luns e mércores de 10:30 a 11:15 horas.
Haberá dous grupos de pilates: un será os martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas e o outro realizará a actividade os mesmos días de 11:30 a 12:15 horas.
E a ximnasia na auga para maiores desenvolverase os mércores e venres de 11:30 a 12:15 horas.
A inscrición debe facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove e o prazo remata o 28 de setembro.
O Concello de Alfoz organiza desde outubro ata maio catro actividades deportivas para adultos: ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates.
A ximnasia de mantemento será os martes e os xoves de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal.
O aerobic tamén se desenvolverá no pavillón municipal os martes e xoves, pero en horario de 19:30 a 20:30.
O ioga será os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas na escola de nenos de Adelán.
E tamén na escola de nenos de Adelán terá lugar o pilates os mércores en horario de 20:30 a 21:30 horas.
As prazas son limitadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 18 ao 25 de setembro.
A Asociación Cultural-Deportiva Xove presenta a nova tempada de actividades, que inclúe algunhas novidades. Ata o 3 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas súas escolas. O proceso debe realizarse na páxina web www.acdxove.com cubrindo o formulario de inscrición 2023-2024. Para poder efectuarse, débese primeiramente ser socio, que se xestionará contactando coa Xunta Directiva da Asociación. Isto implica unha cota de 15 euros mensuais por familia abonado en pagos semestrais.
Outra das novidades será a ampliación da tempada. Nesta ocasión as actividades comezarán o 11 de setembro e rematarán o 15 de xuño. Previamente, a presentación da tempada será o 9 de setembro ás 20 horas no Pavillón Municipal de Xove.
Ademais aumenta a oferta de actividades. Por unha banda,...
leer másO Concello de Alfoz abre o vindeiro luns, 19 de setembro, o prazo de inscrición para participar en actividades deportivas para adultos, concretamente nas modalidades de aerobic, ximnasia de mantemento e ioga. As solicitudes deben entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata o 26 de setembro. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de entrada en rexistro. As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán a finais de maio.
A ximnasia de mantemento será luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal. O ioga desenvolverase na Escola de Nenos de Adelán e haberá dous grupos: un os martes e xoves e de 17:00 a 18:00 horas; e o outro os luns de 17:00 a 18:00 horas. E o aeróbic será no pavillón municipal os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.
Os interesados en máis información poden chamar...
leer másA área de Deportes do Concello de Burela vén de anunciar as actividades para este verán, do 6 de xullo ao 26 de agosto. Haberá distintas opcións como xogos na praia, rutas de sendeirismo, happy dance e rutas en bicicleta.
O prazo de inscrición será do 27 ao 29 de xuño, debendo cubrir a ficha de inscrición que se facilitará na Casa da Xuventude, no Concello ou descargándoa da web municipal, e entregándoa na Casa da Xuventude xunto coa fotocopia do DNI do pai/nai e fotocopia do libro de familia. Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos nados entre os anos 2025 e 2009.
As cotas de inscrición teñen un custo de 8 euros por mes e actividade, é dicir, abonaranse 16 euros por actividade. En todas haberá un número máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos, así como un número mínimo...
leer másO Concello de Xove conta dende hai bastantes anos cunha sala multideportiva, anexa ao ximnasio, na que se realizan ao longo de todo o ano adestramentos dalgúns deportes como fitnes, aerobic, ximnasia de mantemento, karate,... Desde o Concello explican que “debido ao covid, e ao tratarse dunha sala pequena, polo menos se a vemos con respecto ao que pode ser unha pista polideportiva, xurdiunos o problema da climatización e aireación da mesma”.
E engaden: “dende marzo de 2020, debido ao covid, a sala estivo practicamente sen utilizarse. Para solucionar este problema, dende o Concello pensouse que o mellor era climatizala e potenciar a súa aireación. Pois ben, o proceso de climatización e aireación está rematado, cunha dobre instalación de aire, climatizado por un lado e filtrado por outro. A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de...
O centro deportivo e de ocio Activity Center, de Burela, acaba de cumprir 10 anos -o pasado xoves, día 13- e para celebralo está preparando unha serie de actividades que se levarán cabo cando mellore a actual situación da pandemia. Haberá un evento de pádel con xogadores do World Padel Tour e tamén unha gran festa infantil.
O xerente de Activity Center, Ibán García, explica que este centro deportivo e de ocio situado en Burela é “un proxecto que un 13 de xaneiro de 2012, hai xa 10 anos, arrancou converténdonos no primeiro club de pádel indoor na provincia de fóra da cidade de Lugo. Abrimos no seu momento portas non só na Mariña senón en toda a provincia, mostrando que o pádel fóra dunha cidade tamén podía ser un referente. Reforzámonos con outras actividades paralelas para dar un mellor servizo aos nosos usuarios: desde clases de...
leer másA oferta deportiva no Concello de Barreiros incrementase nos meses de xullo e agosto con máis de 100 prazas para diversas actividades como Ioga, Zumba e Jumping Fitness, tanto para mocidade (de 13 a 17 anos) como para xente adulta (maiores de 18) na que será, segundo Dani García, concelleiro de deportes,“o punto de saída cara a vindeira programación anual de actividades deportivas para todas as idades”.
As actividades terán lugar no pavillón municipal de San Cosme e estarán impartidas por Lorena Díaz e Noemí Ramajo. Terán un prezo de 15 euros ó mes cada unha delas. “Apostamos así por actividades mais novidosas como o jumping fitness, no cal se utilizan camas elásticas para realizar distintas coreografías mediante saltos, e tamén, por actividades máis coñecidas como son zumba e ioga. Todas elas se adaptarán ás distintas idades e cabe a...
leer másO Concello de Burela anuncia a apertura do prazo de inscrición nas actividades de verán das que poderán desfrutar as nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2015. Todas serán ao aire libre. Haberá rutas de sendeirismo, xogos na praia, rutas en bicicleta, baloncesto e happy dance. O prezo mensual por actividade será de 8 euros e as follas de inscrición deberán presentarse do 21 ao 23 de xuño na Casa da Xuventude. O día 25 farase pública a lista de admitidos e as actividades comezarán o 28 de xuño e rematarán o 27 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes queremos anunciar o inicio da fecha de inscrición para as actividades deportivas do verán. Este ano temos unha serie de novidades, tamén derivadas da situación na que estamos vivindo. Apostamos polas actividades ao aire libre,...
leer másAs instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel de Lourenzá reabrirán o vindeiro martes, 1 de xuño.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “a partir do vindeiro martes, sempre que a situación sanitaria se manteña estable, reabriranse tanto o ximnasio como a pista de pádel”.
@s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Para novas altas:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAcx4M5OJ9GNTZTpSuGGwAAd1WbmRvYGz4_NEi-ohJltN36Q/viewform
A pista de pádel tamén volverá a...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »