Petiscos
A campaña Galicia sabe Amar, da Xunta de Galicia, chega á Pontenova este sábado, día 30 de novembro.
O Concello da Pontenova anuncia que haberá degustación gratuíta de petiscos elaborados con produtos do mar no aparcamento da Praza dos Fornos de 12:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
O Concello de Cervo anuncia que mañá, día 6 de setembro, regresan os Venres de Petiscos que propón a hostalería de Cervo e Sargadelos. A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na Pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e no Café Bar Cultural A Sacabeira.
A nova edición foi presentada esta mañá na Casa do Concello pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e polos representantes dos establecementos participantes: Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes: Caseto de Copa,...
leer másEste venres, 2 de febreiro, comezará a ruta semanal de petiscos nas localidades de Cervo e Sargadelos, iniciativa que se desenvolverá en catro establecementos hostaleiros: O Caseto de Copa, Pousada O Almacén, A Taberna de Sargadelos e Café Bar Cultural A Sacabeira.
Haberá o sorteo mensual dunha cea en cada local participante.
Os organizadores anuncian: “prometemos sorprendervos e facervos desfrutar cunha degustación de petiscos elaborados, polo módico prezo de 2, 50 euros unidade. Tamén haberá sorpresas e sorteos para as persoas participantes. Así que xa sabedes, animádevos a vivir esta experiencia e comezar a fin se semana do mellor xeito posible: cun percorrido gastronómico nunha contorna única e máxica”.
Nesta iniciativa colabora o Concello de Cervo.
A asociación Nordés organiza a segunda parte da xornada Petiscos do Camiño dos Arrieiros que se celebrará este sábado, 1 de agosto.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer algúns dos puntos de interese desta ruta ancestral que comunicaba o porto de Bares con As Pontes e que servía de eixo relacional e comercial ata que se abriron novos camiños e estradas, e os medios de transporte foron evolucionando, levando a esta verea ata case a súa desaparición.
A saída será ás 9:20 horas dende a Rectoral de San Mamede das Grañas do Sor. A actividade é de balde para as persoas asociadas a Nordés e terá un custe de 2 euros para o resto. A cantidade recadada, máis 5 euros aportados pola asociación, será doada ao Banco de Alimentos de Lugo. Os/as interesad@s poden inscribirse en...
leer más