Santa Icía
A Banda de Música de Foz celebrará a patroa dos músicos, Santa Icía, con un concerto que será este sábado, día 30, de novembro, na Sala Bahía, ás 20:00 horas.
Para esta actuación a Banda de Foz contará con José García é Álvaro Fernández como artistas invitados.
O salón de Actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, de Ferreira do Valadouro, acolle un concerto para celebrar Santa Icía (a patroa da música) este domingo, 19 de novembro, ás 19:00 horas.
Actuarán a Banda de Música de Lourenzá e a Banda Xuvenil de Lourenzá Pituband. A entrada é de balde.
É unha actividade incluída na programación cultural do Concello do Valadouro.
A Banda de Música O Landro ofrece un concerto na honra de Santa Icía o 18 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A entrada é de balde.
A organización anuncia que será “un concerto tan especial coma fascinante baseado na investigación do musicólogo Javier Franco Juiz e narrado por el mesmo. Interpretaranse xoias do arquivo musical dunha banda de música con máis dun século de vida e baixo a dirección de Rodrigo Rodríguez Rodríguez”.
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
Este concerto, baixo a dirección de Carlos Tirimaos, celébrase na honra de Santa Icía.
A reserva de entradas pódese facer, de luns a xoves, no teléfono 982 560 162, en horario de 9:00 a 14:00 horas; ademais no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es e en taquilla desde unha hora antes da función. A entrada é de balde.
Organiza este evento a Banda de Música O Landro coa colaboración da Concellería de Educación de Viveiro.
A Concellería de Educación de Viveiro e a Banda de Música O Landro organizan o concerto na honra de Santa Icía que se celebrará o sábado, 23 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Pastor Díaz.
Nesa actuación o músico sarrián Abraham Cupeiro presentará o seu traballo Pangea, no que recupera diversos instrumentos de todo o mundo cos que interpreta música antiga e actual. Tamén intervirá a Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos.
O evento está patrocinado pola Deputación de Lugo, a través do seu departamento de Cultura.