Bandeira
O Club de Remo de Celeiro organiza este sábado, 3 de xuño, coa colaboración do Concello de Viveiro, a primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, que comezará ás 17:00 horas.
Esta primeira edición da Bandeira de Traiñeiras pertence á Liga Galega de veteranos. Será a primeira vez que o Club de Remo Celeiro compita nunha regata de traiñeiras como anfitrión, dando un paso máis cara a súa consolidación como unha referencia no remo lucense, sendo o único club da provincia nesta modalidade.
O campo de regatas do sábado terá unha distancia total de 3.500 metros, distribuídos en catro quendas duns 875 metros. Nel competirán varios dos mellores clubs desta disciplina en Galicia, como os de Meira (Moaña), Chapela, Tirán, Esteiro, Rianxo ou Cesantes.
O Concello de Foz izou este mediodía a bandeira azul na praia de A Rapadoira, acto que contou coa participación do alcalde, Fran Cajoto, e doutros membros da corporación municipal.
O concelleiro de Turismo, José María Linares, destacou que “después de varios años, por fin y gracias al esfuerzo de la corporación de Foz, podemos levantar la bandera azul en la playa de A Rapadoira. Fue un esfuerzo enorme porque desde la Xunta se ayudó poco pues solo nos concedió 6 socorristas y el resto tenemos que ponerlos nosotros. Es condición fundamental tener socorristas suficientes para que se pueda izar la bandera azul. Quiero dar las gracias especialmente a los socorristas porque ejercen una labor fundamental en las playas de Foz, y a Gonzalo, de Protección Civil, quien fue también el que nos animó a poder izar esta bandera”.
... leer másA praia de Esteiro, que ininterrumpidamente dende 1999 ven disfrutando da Bandeira Azul, luce dende este pasado sábado, 11 de xullo, a nova enseña, que foi izada polo alcalde, Demetrio Salgueiro. O rexedor estivo acompañado das concelleiras de Turismo, Cristina Iglesias, e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, así como por varios dos socorristas que traballan na campaña deste ano 2020.
Xunto coa Bandeira Azul, foi izada a bandeira de Praia sen Fume, que forma parte dunha campaña coa que se pretende librar de malos fumes os areais de Xove. Desde o Concello sinalan que “con isto animamos aos fumadores a deixar de fumar e facilitamos que os distintos usuarios da praia disfruten dun entorno e un aire máis limpo. Sen dúbida, un aliciente máis para visitar Xove e disfrutar dunha das praias máis bonitas de toda a costa galega”.
O Centro Comercial Aberto de Foz fará entrega este domingo, 3 de febreiro, dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de fútbol local, o CD Foz. Será antes do encontro que os enfrontará no Martínez Otero ao Viveiro e que dará comezo ás 16:30 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao CD Foz, desde as gradas do estadio Martínez Otero.
No acto do vindeiro domingo participarán entre outros, os presidente do CCA e do CD Foz, José Carlos Paleo e José Mª García Rivera, respectivamente, ademais de directivos do colectivo empresarial e do club de fútbol.