Bádminton
Este luns, día 30 de decembro, presentáronse as primeiras Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar A Mariña, que se levarán a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán, de Xove, os días 2 de xaneiro (de 16 a 19 horas) e 3 de xaneiro (de 11 a 14 horas). No acto estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes; José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove; e Pedro Esmorís, adestrador e representante da AD San Roque.
Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e AD San Roque.
A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo; o único requisito é estar inscrito dentro do...
leer másO pavillón Antonio Tarrío, de Viveiro, acollerá este sábado, día 2 de marzo, o XLV Campionato Galego Sénior de Bádminton, organizado polo Club Bádminton O Cembedo, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e co Concello de Viveiro.
“Agradecemos o traballo do Club O Cembedo para organizar esta cita con arredor de cen xogadores sénior en Viveiro, polo que animamos á veciñanza a desfrutar da competición”, asegura o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.
O I Torneo Badminton Concello de Xove celebrarase os días 28 e 29 de decembro no pavillón do CEIP Pedro Caselles.
O venres 28 desenvolveranse as categorías escolares benxamíns, alevíns, infantís e cadetes nas modalidades dobres (mixtos, masculino e feminino. O horario será de 16:00 a 21:00 horas. A inscrición é gratuíta, e os volantes plásticos. Haberá premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificados por modalidade.
O sábado 29 terán lugar as categorías Open nas modalidades Dobres (mixto, masculino e feminino), en horario de 10:00 a 20:00 horas. O prezo da inscrición é 10 euros por xogador (2 modalidades) e 6€ por xogador (1 modalidade), inclúe seguros, refrescos e participación.
A inscrición está aberta ata o día 24 de decembro, pode facerse enviando un mail a...
leer más