O I Torneo Badminton Concello de Xove celebrarase os días 28 e 29 de decembro no pavillón do CEIP Pedro Caselles.
O venres 28 desenvolveranse as categorías escolares benxamíns, alevíns, infantís e cadetes nas modalidades dobres (mixtos, masculino e feminino. O horario será de 16:00 a 21:00 horas. A inscrición é gratuíta, e os volantes plásticos. Haberá premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificados por modalidade.
O sábado 29 terán lugar as categorías Open nas modalidades Dobres (mixto, masculino e feminino), en horario de 10:00 a 20:00 horas. O prezo da inscrición é 10 euros por xogador (2 modalidades) e 6€ por xogador (1 modalidade), inclúe seguros, refrescos e participación.
A inscrición está aberta ata o día 24 de decembro, pode facerse enviando un mail a info@roqsport.com, e para máis información chamar ao número de teléfono 606 863 119 (Pedro). O pago debe facerse na conta ES26 0238 8166 9606 60000173 (Banco Pastor).