Ofrenda

Etiquetas:
04/03/2024

VIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O eventolevarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán  doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”. 

Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.

O acto contará, entre outros, coa...

leer más
Etiquetas:
02/08/2018

O Concello de Mondoñedo e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol celebrarán o vindeiro domingo día 9 de setembro o 80 aniversario da Ofrenda Diocesana á Virxe dos Remedios no marco das festas que honran á patroa da Diocese e que se prolongarán desde o venres día 7 ao luns día 10.

Este ano ademais de celebrar a Festas dos Remedios conmemórase o inicio da ofrenda que cada ano presentan, por quendas, as cidades e vilas de Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Ribadeo, Vilalba e o propio Concello anfitrión, Mondoñedo. Esta distribución correspóndense coas antigas cabeceiras dos partidos xudiciais que compoñen a actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A ofrenda deste ano correspóndelle oficiala á cidade de Ferrol.A maiores, o ano que vén celebrarase o 70 aniversario da proclamación da Virxe dos Remedios como patroa de toda a Diocese.

... leer más