Mondoñedo celebrará o 9 de setembro o 80 aniversario da Ofrenda Diocesana á Virxe dos Remedios. Correspóndelle oficiala á cidade de Ferrol.

O Concello de Mondoñedo e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol celebrarán o vindeiro domingo día 9 de setembro o 80 aniversario da Ofrenda Diocesana á Virxe dos Remedios no marco das festas que honran á patroa da Diocese e que se prolongarán desde o venres día 7 ao luns día 10.

Este ano ademais de celebrar a Festas dos Remedios conmemórase o inicio da ofrenda que cada ano presentan, por quendas, as cidades e vilas de Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Ribadeo, Vilalba e o propio Concello anfitrión, Mondoñedo. Esta distribución correspóndense coas antigas cabeceiras dos partidos xudiciais que compoñen a actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A ofrenda deste ano correspóndelle oficiala á cidade de Ferrol.A maiores, o ano que vén celebrarase o 70 aniversario da proclamación da Virxe dos Remedios como patroa de toda a Diocese.

A organización vén de dar a coñecer o cartel pintado pola artista local Irma Loureiro, así como o programa das festas. O Concello de Mondoñedo ea nova asociación Virxe dos Remediosqueren promocionar esta festividade tan sentida e con moita tradición na cidade, non só para a parroquia dos Remedios, senón para todo o municipio e os seus arredores.

O programa
O programa deste ano inclúe a IV edición da Festa da Xuventude, que se celebrará o venres día 7. Participarán un total de 5 orquestras que actuarán na Alameda: Samba, Garibaldi, Ritmo Joven, NuevaFuerza;e o luns dos Remedios a orquestra local Salsarena que ofrecerá unha sesión vermú de dúas horas.

O sábado terá lugar unha nova edición dos cantos de taberna organizados pola Asociación Gaitaescola.

Novidades
Como novidades haberá unha feira de artesanía, a actuación de bandas de músicae un desfile de traxe rexional galego que se celebrará o luns dos Remedios pola tarde.

Os membros da comisión de festas xa comezaron a recadar apoios a pasada fin de semana, polo que agradecen a colaboración económica da veciñanza, comerciantes, empresarios e asociacións locais, axudas ás que se sumará a do Concello.