Internet
O alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Carmela López e Noelia Mª Ben, que visitaron as instalacións do taller de cerámica da Fundación Eu Son, destacaron o traballo realizado e sinalaron que as compras de Nadal son unha boa ocasión para apoiar a este colectivo que agora conta con tenda online.
O taller de cerámica da Fundación Eu Son xa ten a súa tenda online. Carmela López lembrou que “Cerámica Eu Son é o taller do centro ocupacional desta Fundación, na que se elaboran produtos de forma totalmente artesanal e con moito cariño. As súas creacións son o resultado do moito esforzo, da dedicación e da constancia coa que traballan estas persoas. Este taller favorece a súa mobilidade e fomenta a creatividade e a imaxinación, promovendo deste xeito a súa inclusión”.
David, Miguel...
leer másNo Cenima, en Foz, foi presentada afeira.gal, un marketplace de produtos agroalimentarios da Mariña.
O Cenima acolleu este mediodía a presentación de afeira.gal, un marketplace de produtos agroalimentarios da Mariña “100% Galicia, 100% local e 100% local”.
Afeira.gal é unha nova forma de mercar os produtos rurais e de proximidade. O obxectivo desta plataforma “é que os produtores e tenda locais poidan compartir con toda España a calidade e os auténticos sabores desta comarca”, segundo explicou Antía Vázquez, de Donapubli.
No acto celebrado este mediodía, a través de dous vídeos, expúxose aos asistentes o funcionamento deste marketplace, a sinxela forma de mercar para os clientes e cómo adherirse ou darse de alta de xeito doado para os produtores e produtoras da Mariña.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, na súa intervención dixo que “hai que aproveitar as oportunidades e todas as...
leer másO Concello de Alfoz organiza un obradoiro de procura de información en internet para facer traballos. É de balde e está dirixido a alumnado de ESO, BAC e FP. Será na Biblioteca Municipal o día 23 de novembro, martes, ás 17:00 horas.
As prazas son limitadas e para anotarse hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) a partir do 8 de novembro.
O Concello de Alfoz explica: “recoméndase traer ordenador ou tablet se se pode, pero de non telos contamos con 3 tablets e 2 ordenadores na biblioteca para usar. Entregarase un dossier con toda a información a cada alumno/a”.
A Aula Cemit de Burela organiza un novo curso en liña gratuíto denominado Ofimática na nube: Google Drive.
Os asistentes aprenderán a forma de crear e xestionar dunha maneira correcta todos os documentos que se necesitan para o uso da xestión ofimática na nube de Google. Deste xeito poderán converterse en profesionais do sector xa que adquirirán os coñecementos necesarios para manexar unha ferramenta tan demandada actualmente como é Google Drive.
O curso desenvolverase do 27 de novembro ao 23 de decembro.
As persoas interesadas en acudir poden anotarse chamando á Casa da Xuventude: 982 581 141. Este curso é impartido por Academia A Mariña.
Acisa acaba de presentar su nueva plataforma de venta online: Ribadeo Cerca de Ti. De esta forma la patronal ribadense acerca el comercio local a sus clientes a través de internet. La iniciativa arranca con 40 establecimientos de diferentes sectores.
La plataforma www.ribadeocercadeti.es estará operativa desde el próximo lunes, 16 de noviembre. El presidente de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos, Francisco Iriarte, señaló que “estamos muy satisfechos de poder presentar esta nueva herramienta. A principios de año, la directiva al ser reelegida se comprometió en una serie de mejoras y nuevos servicios para los socios, entre los que se encontraba precisamente la creación de una plataforma web que unificara en un mismo espacio todas las tiendas online del comercio...
leer másOs estudantes de Foz en situación de vulnerabilidade terán conexión gratuíta a internet ata final de curso. Acaba de anuncialo o alcalde focense, Fran Cajoto.
O rexedor municipal explica que “a empresa de telecomunicacións Adamo en colaboración co Concello de Foz ofrece conexión gratuíta a internet ata final de curso a todos aqueles estudantes en situación de vulnerabilidade que carezan dela. É unha gran iniciativa que permitirá a aqueles estudantes que carecían de dita conexión poder seguir o curso en igualdade de condicións. Fará menor esa brecha dixital que, como ben dixo a ministra Celaá, é una brecha social”.
Fran Cajoto engade que “en coordinación cos centros, o Concello xa levaba tempo recabando información sobre o número e cales son as necesidades a nivel educativo, xa que este curso vaise realizar on line...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz pon en marcha unha plataforma web de venta online, que estará operativa no prazo dunhas catro semanas.
O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, explica que “se trata de contar cunha aplicación web, cunha ferramenta de traballo, que será un centro comercial virtual, onde cada asociado e asociada contará co seu espazo individual para dar a coñecer os seus produtos, as súas ofertas… e para poder vender online todo o que teña en tenda”.
Para Paleo “é importante ir adaptándose o antes posible as novas tecnoloxías e ás novas formas de venta para poder competir en igualdade de condicións coas grandes plataformas de venta online que operan en todo o mundo. Tócanos vivir unha época de confinamento, na que as tendas máis próximas están pechadas, e na que a maioría non contan con este...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa titulada Non tolees coa wifi. Será por vídeo conferencia.
Esta actividade terá lugar o 1 de outubro en horario de 12:00 a 14:00 horas. As inscricións deben facerse na Aula CeMIT, na Casa da Xuventude, e para obter máis información as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 982 120 732. As prazas son limitadas.
Os temas que se abordarán nesta xornada serán: as claves para contratar internet, cómo solucionar incidencias e reclamacións, e os dereitos d@s usuari@s.
Desde a Aula CeMIT explican que “o obxectivo desta xornada será explicar todo o que debe saber un usuari@ para poder contratar no seu fogar un servizo da internet adecuado ás súas necesidades e en función da súa cobertura, así como os seus...
leer másA Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela iniciará sete novos cursos de formación informática.
O vindeiro luns, 2 de outubro, comeza o curso de Iniciación á informática, dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade desenvolverase durante 8 días, rematando o día 11, en horario de 09:30 a 11:00 horas.
Tamén o día 2 se estrea o curso de Iniciación a internet, que está dirixido a todas as persoas interesadas en introducirse no marabilloso mundo da información que é internet. Este curso estendese ata o día 13 en horario de 11:00 a 12:30 horas.
O venres, 6 de outubro, haberá unha charla para dar a coñecer as aplicacións móbiles máis útiles para as...
leer más