A rúa San Francisco, de Ribadeo, acolle a celebración da Festa do Sombreiro os días 6 e 7 de outubro, venres e sábado. Está organizada por un grupo de ribadenses coa colaboración do Concello.
O venres empezan as actividades ás 18:00 horas cunha festa infantil e a partir das 21:30 haberá verbena amenizada por Nuevo Ritmo. Para as 23:00 horas está programado un concerto da cantante mexicana Betty Singh. Ás doce da noite entregaranse os premios aos mellores sombreiros e a continuación actuará Pablo Valdés e o seu trío, que interpreta versións de temas musicais dos anos 60, 70 e 80.
E o sábado haberá cantos de taberna durante todo o día pola rúa San Francisco.