Ribadeo
Ana Martínez, edil de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, comentou que “co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados na nosa vila, potenciado así a compra dos produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello participa na campaña Quere o teu mercado, en colaboración coa Xunta de Galicia”.
Quere o teu mercado (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola WorldUnionofWholesaleMarkets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.
Martínez engadiu que “Ribadeo quere participar dentro desta campaña e celebrar o día dos mercados na mañá do vindeiro...
leer másAcisa colabora un ano máis co Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo, que se disputa esta fin de semana os días 25 e 26 de maio. O evento, que chega á súa décimo cuarta edición, traerá á localidade a unhas tres mil persoas, cifra que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos considera moi importante para o movemento que xerarán tanto na hostalería como no comercio desde o venres ata o domingo.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, manifestou que “desde Acisa estamos apoiando un pouco dentro das nosas posibilidades a este grupo de xente que organiza este evento todos os anos. Van catorce edicións e nós o que intentamos, desde o comercio e a hostalaría, é apoialos porque estes veteranos que nos visitan e os seus acompañantes deixan moito diñeiro en Ribadeo, moito movemento e dannos a...
leer másEste venres, día 24, inaugurase en Ribadeo unha nova empresa, IMOTEC, que se dedicará a realizar instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia, entre outros equipamentos.
A nova firma está na Avenida Ría de Ribadeo, número 57, enfronte ao supermercado Mercadona e os seus propietarios son os irmáns Mélani e Iago Otero, que xa teñen anos de experiencia neste sector.
No acto inaugural deste venres, que empezará ás 20:00 horas, os asistentes poderán degustar un aperitivo e haberá demostracións de novidades no sector que son descoñecidas para moita xente, como sistemas para a fichaxe de traballadores nas empresas, que agora é obrigatorio; de control de vivenda a través de smartphones, que permiten manexar desde o teléfono a iluminación, os electrodomésticos, as persianas, a auga, a seguridade por vídeo...
leer másUn total de 11 tapas, das 45 que participaron no XIV Ribadeo de Tapeo, se presentaron a concurso. O xurado profesional deu a coñecer a súa decisión hai uns minutos. O primeiro premio desta edición foi para El Oviedo con Rillete de raia e botarga, licuado de chícaros, tubérculos e oblea de castañas, o segundo premio correspondeulle a O Piano con O que quedou da Calafete e o terceiro premio recaeu no Marinero con Días de feira. O premio á tapa de Ribadeo foi para Texturas Galegas con Lareira do mar.
O xurado do XIV Ribadeo de Tapeo estivo composto por Bruno Lombán do restaurante Quince Nudos, de Ribadesella, vinculado familiarmente con Ribadeo; Álvaro Villasante, chef do restaurante Paprika de Lugo; Maricha Bermúdez, alma máter do restaurante La Taberna de Rotilio, de Sanxenxo; Toñi Vicente, unha muller referente na cociña galega e unha das...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 22 DE MAYO
JUEVES 16 (SIN ESPECTÁCULO)
-Cambio de butacas
VIERNES 17 Y SÁBADO 18
-“Hellboy” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Detective Pikachu” – 18:00 y 20:30 horas
-“Timadoras compulsivas” – 23:00 horas
DOMINGO 19
-“Hellboy” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Detective Pikachu” – 18:00 horas
-“Timadoras compulsivas” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 20 Y MARTES 21 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Hellboy” – 20:30 y 23:00 horas
-“Detective Pikachu” – 20:30 horas
-“Timadoras compulsivas” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 22 (SIN ESPECTÁCULO)
O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, PabloRivera Capón, e a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, CarmenBasadre,presentaron a 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo, unha carreira cicloturista por etapas de carácter non competitivo, que percorrerá 12 concellos da provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio. No acto estiveron acompañados de José María Seijas, presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, organizadores da proba, e do exciclista Ezequiel Mosquera, que participará na segunda e terceira etapas.
Fernández Quipo explicou “172 corredores de toda España participarán durante a fin de semana nun percorrido no que descubrirán todo o que a Provincia ofrece, desde as montañas da Fonsagrada ata o interior da Mariña, ou a Terra Chá. Unha cita clave para dar a coñecer...
leer másLa escritora ribadense Celia Castro presentará su libro Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros en Gijón este jueves, 16 de mayo. El acto se celebrará en el Museo Jovellanos a las 18:45 horas y acompañará a la autora Antonio Deaño Gamallo, catedrático de Lengua y Literatura y bisnieto de Dionisio Fierros.
Celia Castro explica que “contaré las motivaciones que he tenido para escribir el libro, porqué he escogido ese tema, el desarrollo del trabajo y lo que el lector va a encontrar en el mismo”.
La escritora ribadense cuenta que “Dionisio Fierros realizó su obra fundamentalmente en Oviedo porque él estuvo viviendo muchos años en Oviedo, desde 1876, pero también en todo el norte de Asturias, en Gijón, en Luarca, Navia, etc…, en toda esa zona tuvo una gran actividad”.
... leer másA Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do XXV aniversario da súa creación, organiza unha cea de confraternidade para rematar o curso. Será o 29 de xuño.
Esta cea está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. O prezo estará entre os 20 e os 25 euros.
Dende a EMMeD comunican que para facer unha previsión das persoas que asistirán, realizarase unha pre inscrición para acadar unha mellor planificación do evento.
O prazo para que se anoten as persoas interesadas ábrese hoxe, martes, e rematará o 31 de maio. As inscricións poden facerse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@gmail.com o una propia Escola.
A dirección do...
leer másA décimo cuarta edición do Ribadeo de Tapeo arrinca mañá, sábado, coa participación de 45 establecementos hostaleiros, que ofrecerán as súas creacións en miniatura ao prezo de 1,5 euros ata o 19 de maio. Será o día 20 cando un xurado profesional elixa as mellores tapas das 16 que se presentan voluntariamente a concurso. Dese xurado formarán parte, entre outros, cociñeiros como Álvaro Villasante, Bruno Lombán, Manicha Bermúdez ou Toñi Vicente. O público tamén elixirá a súa mellor tapa e a mellor barra. O concurso gastronómico estrea páxina web: tapeo.ribadeo.gal e a app oficial estará dispoñible a partir da vindeira media noite.
O alcalde, Fernando Suárez, salientou “a enorme satisfacción de chegar a décimo cuarta edición destas xornadas de Ribadeo de Tapeo. Están organizadas desde a área de Desenvolvemento Local e contribuímos a dinamizar...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 15 DE MAYO
JUEVES 9
-“Vengadores: Endgame” – 19:30 y 23:00 horas
-“Lo dejo cuando quiera” – 20:30 horas
- “La llorona” – 23:00 horas
VIERNES 10, SÁBADO 11 Y DOMINGO 12
-“Mía y el león blanco” – 17:30 horas
-“Vengadores: Endgame” – 19:30 y 23:00 horas
-“Detective Pikachu” – 18:00 y 20:30 horas
- “La llorona” – 23:00 horas
LUNES 13 Y MARTES 14 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Vengadores: Endgame” – 19:30 y 23:00 horas
-“Detective Pikachu” – 20:30 horas
- “La llorona” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 15 (SIN ESPECTÁCULO)