O primeiro libro de Pepe Peinó, Escombros, moitos escombros, editado por Finisterrae Ediciones, será presentado o vindeiro 12 de decembro en Finca Galega (Alfoz) ás 18 horas. Intervirá, ademais, do propio autor, Lionel Rexes, escritor e membro do Seminario de Estudos do Valadouro, e José Castro, director da editora.
Ademais, a presentación da novela estará amenizada polas actuacións musicais e teatrais de Jorge Oliveira, concertista e compositor; Miriam Vivero, cantante e actriz, e o Grupo Humorístico Trípode (Antonio Jesús Lorenzo Cachín e Alberto Níñez).