O Concello de Cervo convoca un concurso para conmemorar o día dos namorados. Os traballos poden facerse co material e no formato que elixan os participantes.

O Concello de Cervo convoca un concurso para conmemorar o día dos namorados. Os traballos poden facerse co material e no formato que elixan os participantes.
 
O Concello de Cervo convoca un concurso co título "Un orixinal por amor" con motivo da celebración do Día dos Namorados. Os traballos poden elaborarse co material e no formato que elixan os participantes.
 
As bases indican que o tema xenérico é “amor orixinal” e que se valorará moi positivamente a orixinalidade e o sentimento á hora de reflectir un sentimento por outra persoa. Establécense dúas categorías: unha para rapaces de 14 a 17 anos de idade e a outra para maiores de 18 anos.
 
Tamén se especifica nas bases que “os traballos serán co material e formato que se queira, sempre que sexan orixinais e sorprendan, onde se reflicta unha mensaxe de amor de forma orixinal; cada autor poderá presentar cantos traballos deséxese; con cada obra acompañarase unha folla cos datos persoais do autor indicando nome e apelidos, idade e número de teléfono; as imaxes, tanto premiadas como non premiadas, quedarán a tódolos efectos en poder do Concello de Cervo, que decidirá sobre o seu uso segundo considere oportuno; o xurado estará formado por cinco membros e a súa decisión é inapelable; os gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo e os seus autores recibirán un premio por categoría; o fallo do xurado farase público neste mes de febreiro;  a presentación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, a decisión do xurado e a renuncia a calquera reclamación”
 
Os traballos poden enviarse ou entregarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa do Mar, en San Ciprián, e o prazo remata o día 12 deste mes, venres.
 
Os interesados en obter máis información poden chamar aos teléfonos 691.65.66.00 ou 615.32.13.86