A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, busca dar visibilidadeao papel das mulleres galegas na historia do país cun novo “Encontro de saberes compartidos”.
Neste encontro, que terá lugar o sábado, 16 de marzo, ás 17:30 horas no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, en Cervo, estará presente a historiadora Alba Díaz Geada, que achegará o relatorio "Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892". Unha narrativa na que descubrirá o papel das mulleres nas revoltas do século XIX provocadas pola suba dos consumos e a carestía da vida. Nomeadamente, pola proximidade dos feitos, compartirá o que leva descuberto ata o de agora acerca do motín de Cervo, encabezado polas mulleres do lugar, o 23 de agosto de 1892 e que deixou pegada na historia da localidade.