O Concello de Xove organiza unhas Xornadas para a Igualdade, que se celebrarán os días 17 de decembro e 7 de xaneiro.

Organizadas polo Concello de Xove e financiadas con fondos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en mateira de violencia de xénero.

17 de decembro.- COMO LLE FALO DISO?
Aprendendo  a abordar a educación sexual das crianzas. Esta xornada dirixida a pais, nais e persoas interesadas, terá lugar o día 17 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga.

7 de xaneiro.- LECER EN IGUALDADE
A igualdade de xénero e prevención de violencias machistas  no lecer e tempo libre. Dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. O día 7 de xaneiro de 17:00 a 20:00, na Sala de Formación. Impartida por Arabías S. Coop. Galega.
 
As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX (tfno: 982 571 816). As prazas son limitadas.