O Concello de Ourol organiza un obradoiro de ximnasia de mantemento e outro de entrenamento da memoria, ámbolos dous para persoas maiores.
O obradoiro de ximnasia de mantemento dará comezo os días 5 e 8 de outubro. Haberá grupos os martes e os venres, en horario de 11:00 a 12:00. Cada grupo terá un límite de 6 prazas por motivo das restricións sanitarias.
A actividade terá lugar no edificio multiusos e será obrigatorio o uso de máscara. O obxectivo deste obradoiro é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e retrasar os efectos do envellecemento a través da realización de exercicio físico adaptado.
O obradoiro de entrenamento da memoria comezará o día 13 de outubro e terá lugar os mércores, no edificio multiusos, en horario de 11:00 a 12:30, sendo obrigatorio o uso de máscara. O obxectivo desta actividade é entrenar ás persoas participantes no manexo de estratexias de memoria que posibiliten manter unha memoria activa e axuden a compensar os olvidos que poden experimentar na vida cotiá.
En ambos obradoiros só poderán participar persoas empadroadas no Concello de Ourol e os/as interesados/as en asistir deberán dirixirse ao departamento de servizos sociais ou chamar ao teléfono 982 559 109 e 677 489 457.