O Concello de Barreiros organiza para este xoves, día 21 de novembro, ás 11:00 horas a presentación da súa nova APP turística. O evento terá lugar nas escolas de San Cosme e está dirixido a todas as persoas interesadas, con especial atención ao sector servizos e á hostalaría.
“Esta aplicación, deseñada para ofrecer unha experiencia única, permitirá acceder a toda a información turística do municipio dunha maneira máis práctica e accesible. Esta iniciativa busca modernizar a promoción turística e facilitar o acceso á información, reforzando a aposta do Concello por posicionarse como un destino atractivo e accesible para todos os públicos mellorando a experiencia das persoas visitantes e poñendo en valor os recursos do municipio”, explica o Concello de Barreiros.
A aplicación xa está dispoñible para descargar en sistemas Android e iOS.