A delegación de Cultura do Concello de Cervo, que dirixe Dolores García Caramés, organiza con motivo do Día do Libro, uns obradoiros de escritura e debuxo durante a fin de semana, dirixidos ao alumnado de infantil e primaria.
O sábado, 28 de abril, o taller desenvolverase na Biblioteca de San Ciprián, ás 12:00 horas; e o domingo na Biblioteca de Cervo, a esa mesma hora.
Os nenos e nenas poderán presentar os traballos que elaboren eses días ao Certame convocado con motivo do Día das Letras Galegas que está baseado na temática "como cambiou o conto" ou "como darlle a volta ao conto tradicional", por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme...