A asociación Cultura do País organiza a presentación do libro As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, de Adela Figueroa, publicado por Edicións Laiovento.
O acto terá lugar o próximo sábado, 18 de setembro, ás 12:00 do mediodía na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
Adela Figueroa é unha autora luguesa que destaca polo seu compromiso ecolóxico e feminista. Bióloga de formación, cultiva, entre outros xéneros, a poesía e a literatura infantil. Ten traballado tamén na recuperación da tradición oral.
Esta novela, a xuízo do experto literario Claudio Rguez. Fer: “É unha obra chea de crueldade e horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.”
Cultura do País é un colectivo con base en Lugo que conta cun grupo activo de socios no Valadouro. Esta asociación está comprometida coa recuperación e fomento de todo aspecto identitario galego, destacando a defensa e promoción da lingua.