O 17 de outubro terá lugar no Valadouro un curso de iniciación ao mundo dos fungos. A inscrición está aberta.

O vindeiro domingo, 17 de outubro, terá lugar no Valadouro un curso de iniciación ao mundo dos fungos, que será impartido pola Sociedade Micolóxica Lucus.

De 9:30 a 13:30 horas haberá unha clase teórico – practica na escola de agricultura ecolóxica do Valadouro.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse chamando ao 982574000 en horario de 9 a 14 horas. As prazas son limitadas.

A actividade está organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Colabora o Concello de O Valadouro.