
O Concello de Ourol acollerá o vindeiro 6 de setembro á formación teatral Dinamia Teatro, que chega coa súa obra “La Pimentera”, unha idea orixinal de Miguel Fernández e que conta con guión e dirección de Tatyana Galán. A cita será no Edificio Multiusos do Concello ás 17:00 horas.
Esta nova representación teatral trata sobre o papel das mulleres no ámbito rural. Tras a obra, realizarase un foro participativo onde os asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual. Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e conta tamén co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
Para este acto será obrigatorio cumprir coas medidas de seguridade vixentes contra a COVID-19, polo que o aforo estará limitado a 30 persoas e será obrigatorio o uso da máscara.