A moza sancibrense Uxía Treitas vén de presentar o seu traballo fotográfico que se pode visitar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 13 de xullo.
Con esta mostra, esta rapaza de 22 anos e graduada en Belas Artes, pretende concienciar, a través de 17 láminas integradas por diferentes espazos naturais do municipio, sobre a importancia de preservar a contorna e o medio ambiente; empoderándoo e dándolle a importancia que merece.
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que todas os espacios municipais están a disposición daquelas persoas que teñan algo que amosar e o desexen compartir con nós, e neste caso, “é unha satisfacción poder ver tan de preto o talento e o gran traballo de fin de grao de Uxía, que reflicte, ademais, ese compromiso e respecto polo medio ambiente que é un exemplo para toda a mocidade e a veciñanza en xeral”.
Ao tempo que –engadiu Villares- por medio destas fotografías nos descubre lugares e recunchos únicos do noso municipio captados desde unha óptica diferente.