A Delegación de Xuventude volve co programa Aberto x Vacacións. Desde o Concello focego sinalan que “o verán en Foz é sinónimo de diversión, e deso sabemos moito en Aberto x Vacacións”.
O programa está destinado a nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019, de luns a venres. Con horario de 10:30 a 13:30 horas “e se es das/os que madrugas, con Plan Érguete, a partir das 9 da mañá”.
Haberá actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,…
A preinscrición está aberta ata o 31 de maio.