Ata o 12 de decembro está aberto o prazo de presentación de traballos ao XVI Concurso Infantil de Postais de Nadal que organiza o Concello de Alfoz.

O Concello de Alfoz, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o XVI Concurso de Postais de Nadal Alfoz 2018.

As bases do certame recollen que poden participar todos/as rapaces/as que o desexen, a temática é o Nadal e a técnica a empregar será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage, sempre e cando non leven elementos que sobresaian. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 dobrado pola metade.

O prazo de presentación de traballos remata o 12 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal. O fallo do xurado darase a coñecer días posteriores.

O primeiro premio consistirá a reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de Alfoz para o Nadal 2018, elixida entre todas as categorías: Infantil A (ata 7 anos) e Infantil B (de 8 a 12 anos). Haberá primeiro e segundo premio en cada categoría. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o ve oportuno.