A ssociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o V Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “A retranca”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará o martes, día 8 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xuradoseleccionará un traballo gañador por cada categoría. O fallo do xurado farase público o 17 de maio, durante o acto de entrega de premios (valorado en 100 € para cada categoría) que terá lugar no local social de Trasbar.
Desde a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animamos á xente a que escriba e nos remita os seus traballos.