O vindeiro mércores, 25 de xullo, terá lugar unha nova edición do Concurso de Castelos na Area. Celebrarase a partir das 11:00 da mañá na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante. O evento está organizado polo Concello de Barreiros.
Estableceranse diferentes categorías e a inscrición para participar deberá facerse desde as 10:30 horas a carón do posto de socorrismo que hai nese areal.
O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí que a partires das 11:00 dará comezo este tradicional Concurso de Castelos na Area, no que se poderán ver auténticas obras de arte, como ven sendo habitual”.
O rexedor anima “a participar nesta cita, na que haberá diferentes premios para os gañadores e gañadoras desta edición”.