As V Olimpíadas Interparroquiais terán lugar en Alfoz os sábados do vindeiro mes de abril. A inscrición para participar está aberta.

O vindeiro mes de abril celebraranse as V Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Proba Deportiva: Sábado 7 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Cultural: Sábado 14 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Artística: Sábado 21 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 28 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte.  Entre as novidades pódese destacar que nas probas dos xogos populares, introdúcese unha proba para nenos e nenas de ata 12 anos. Ademáis, un ano mais, todas as probas deberán contar con equipos mixtos para dar participación ao maior número de xente.

Como indica Xabier Pardiñas, responsable da Área de Cultura do Concello de Alfoz, “ainda que cada ano hai mais rivalidade desde a organización trabállase para que nas olimpiadas se fomenten valores como a responsabilidade, o compañeirismo, o respecto, a tolerancia, e a igualdade”

Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empadroados/as ou  sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en primeiro ou segundo grao con estes.

As inscricións realizaranse, a través dos capitáns de cada parroquia, na Biblioteca Municipal, indicando nome e apelidos, proba na que participa e grao de relación coa parroquia. 

Para máis información sobre as V Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz ponse a disposición dos participantes o email olimpiadas@concellodealfoz.com e o teléfono 647570025.