O Concello de Cervo convoca o concurso "Un selfie por amor" con motivo da celebración do día dos namorados. O fallo do xurado coñecerase o 14 de febreiro.

O Concello de Cervo convoca o concurso "Un selfie por amor" con motivo da celebración do día dos namorados. O fallo do xurado coñecerase o 14 de febreiro.
 
O Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co V certame de amor na rede. Nesta ocasión, a delegación de Xuventude, convoca o concurso “Un selfie por amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.
 
Neste senso, a concelleira delegada de Xuventude, Dolores García, recorda “que  levamos cinco anos consecutivos convocando este certame, co que pretendemos interactuar cos nosos veciños e veciñas a través, tamén, das redes sociais, conscientes de que xa forman parte das nosas vidas”, e este ano –engadiu- “queremos dar un paso máis, e sumarnos á tendencia do selfie, unha modalidade de fotografía recurrente na actualidade”.
 
Os traballos que se presenten deberán ser unha foto-selfie en formato dixital, acompañada dun pequeño texto, que os autores terán que enviar aos correos dinamización@concellodecervo.com ou omix@concellodecervo.com. 
 
Os participantes poderán enviar cantas fotografías desexen ata o vindeiro 13 de febrero, cando remata o prazo. O fallo do xurado farase público o 14 de febrero, Día dos Namorados.
 
Os selfies gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo, e os seus autores recibirán un premio por categoría (de 14 a 17 anos, e de 18 en diante).
 
A edil de Xuventude puntualiza que  “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas nosas mascotas…ou calquera idea que teñan no maxín os participantes, porque se valorará tanto a orixinalidade como o sentimento, segundo o xurado o interprete en cada traballo”.
 
Xunto a fotografía deberase entregar unha autorización de reportaxes (foto e video), que se enviará ao mesmo correo onde se reciben os traballos.