A Librería Bahía de Foz será escenario este venres, 26 de febreiro, da presentación do libro "Caboverdianas en Burela", de Luzia Oca.

A Librería Bahía de Foz será escenario este venres, 26 de febreiro, da presentación do libro "Caboverdianas en Burela", de Luzia Oca.
 
Este venres, 26 de febreiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía preséntase o libro “Caboverdianas en Burela”, de Luzia Oca editado por Sotelo Blanco. Acompañará á autora na súa presentación Catalina Sanchez, gran coñecedora da realidade Caboverdiana.
 
O libro é froito da tese do mesmo título que a súa autora defendeu na Universidade de Santiago de Compostela e que foi avaliada con sobresaliente cum laude. A obra foi merecente do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais na edición do 2015. 
 
Ao longo de quince anos de traballo Luzia Oca González analizou a vida das mulleres caboverdianas que están asentadas en Burela dende o ano 1978. A investigación puxo en cuestión a imaxe que se difundía desde ámbitos oficiais, que cualificaba como modélica a integración daquel colectivo inmigrante asentado nesta localidade.