Xa está aquí unha nova edición da carreira lúdico deportiva O Rei do adoquín, que organizan Hola Ola e R Fusión coa colaboración de Acisa e do Concello de Ribadeo. O evento terá lugar este venres, 14 de agosto, a partir das dez da noite.
A saída efectuarase desde o Bar Marinero e a meta estará situada na Casa do Concello. Haberá premios ao primeiro/a en chegar, ao primeiro/a en bicicleta, ao primeiro/a con disfraz, ao primeiro/a con cartivo e ao primeiro/a con can. Haberá unha zona de avituallamento no restaurante Tmos.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir das nove da noite na saída. Deberán paga un euro. A directiva de Acisa explica que “os cartos recadados serán doados ao refuxio canino de Ribadeo, que está a atravesar por unha situación complicada”. Os organizadores sinalan que “a lonxitude da carreira é de 400 metros de agonía pola costa máis dura do pobo. A saída de cada unha das modalidades farase en intervalos de 10 segundos”.
O evento foi presentado esta tarde polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e por un dos organizadores, o propietario de Hola Ola, David Martínez.