A biblioteca municipal de Ribadeo acolle unha sesión de contacontos este venres, 20 de decembro

A sesión de contacontos Contos na biblioteca, con Mayte e Loli, celebrarase este venres, día 20 de decembro, ás 17:30 horas na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo.

Hai 20 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos. Adxudicaranse por orde de inscrición no WhatsApp 604.084.201.