O Vicedo acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade este xoves, día 28 de novembro. Será de 17:00 a 18:30 horas na Aula Cemit, que está na Casa da Cultura.
“Como podo protexer miñas contas?, Como debo configurar as miñas redes sociais?, Toda a información que consulto en internet é real?, Como podo detectar unha estafa recibida por correo? Na actualidade a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a Internet ou utilice dispositivos intelixentes. Queres saber como protexerte? Descobre neste obradoiro as ameazas actuais, a pegada dixital en internet e as redes sociais e coñece o fenómeno da desinformación e as fake news. Toma o control da túa seguridade dixital!”, anuncia a Aula Cemit do Vicedo.
As persoas interesadas en inscribirse ou en máis información sobre esta actividade poden contactar coa Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo, a través dos correos electrónicos cemit.ovicedo@gmail.com e cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982.59.01.95.