O coñecido humorista Roberto Vilar clausurará a súa xira Celebreixon, coa que conmemora os seus 30 anos de traxectoria profesional, en San Cristovo, lugar do municipio de Xove onde naceu e medrou o onde viven os seus pais. Será este venres, 14 de xuño, ás 22:30 horas con entrada libre e aparcamento.
Será un evento no que recreará unha festa popular, con escenario e cantina, e no que Roberto Vilar contará coa participación de José Baño, coñecido polas súas intervencións no programa televisivo Land Rober, e do artista Tonhito de Poi.