
O lugar de Sampaio, na parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará as festas de San Paulo os días 3 e 4 de febreiro, sábado e domingo.
O sábado haberá misa ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú amenizada por DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas, xunto coa cantante Verónica Cambón.
E para o domingo está programada sesión vermú amenizada por Verónica Cambón a partir das 13:30 horas.
O campo da festa estará cuberto cunha carpa calefactada.
Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños de Sampaio.