Desde o Concello explican que “hai uns días avanzabamos que un dos actos principais que temos programado para este 8 de marzo, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do noso concello. E agora xa desvelamos de quen se trata: a nosa particular homenaxe vai para Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati, que coas súas propias mans teceron milleiros e milleiros de máscaras durante o confinamento. Grazas”.
Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, terá lugar un recoñecemento a todas elas polas súas puntadas de solidariedade.
Ademais o Concello organiza o concurso virtual que temos programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller:
Qué muller che inspira? “Explícanos cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (foto, debuxo, vídeo, carta...) Envía as túas creación a dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatssap ao 691 65 66 00 ata as 17:00 horas do 8 de marzo, Día da Muller”, engaden desde o Concello cervense.
Establécense dúas modalidades:
-Xuvenil, 16 anos ou menos
Premios: Primeiro, Segundo, Terceiro
-Sénior de 17 anos en diante
Premios: Primeiro, Segundo, Terceiro
É necesario incluír os datos persoais: nome e apelidos, idade, lugar de procedencia e modalidade na que se participa.
Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do 8 de marzo.