Os gañadores do X Certame Fotográfico “Cervo Respecta”, que convoca anualmente o Concello de Cervo foron os seguintes:
1º premio, e premio Top Cervo "Embalse de Río Cobo", de Antonio Herrera Huerta (Fuenlabrada). Obtivo 51 puntos
2º premio "Vigía" de Iván Alperi López (Noreña). Obtivo 50 puntos.
Presentáronse ao concurso 43 instantáneas e había en xogo tres premios, un primeiro, un segundo e un premio Top Cervo á mellor instantánea sobre algún paraxe do municipio.
Desde a organización felicitan aos premiados: “parabéns aos gañadores e moitas grazas a todas as persoas participantes”.