Viveiro
O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro Contra a marea organiza un mercado de Entroido con doces típicos desta época do ano, como biscoito, rosquillas e freixós. Será esta fin de semana: desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.
O mercadiño estará aberto na Sala Multiusos do Concello de Viveiro de 17 a 21 horas os tres días.
O Concello de Viveiro presentou a súa programación completa para o Entroido 2025, que comezará o 1 de marzo co tradicional certame de Alpuxarradas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, sendo necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 982.56.01.62. As entradas para asistir ao evento, cun custe de 2 euros, poden ser reservadas dende o día 25 ata o 28 de febreiro chamando ao mesmo número ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.
Nos días seguintes haberá diversas actividades, destacando o martes 4 de marzo co desfile de Entroido e o concurso de disfraces. O prazo de inscrición para o desfile está aberto ata o 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, convida a toda a...
leer másO Concello de Viveiro presentou, xunto á nova Comisión de Festas de Viveiro, a súa Festa do Antroido 2025 para recadar fondos de cara á celebración das patronais. O evento terá lugar o día 3 de marzo, luns, nos xardíns Noriega Varela, no marco das celebracións do Entroido no municipio. A apertura de portas será ás 20:00 horas. Haberá cea ás 21:30 e a continuación un concurso de disfraces e mais baile, amenizados ambos por Juanjo Music. O Concello colabora aportando a carpa para a celebración.
Será a primeira destas festas organizada pola Comisión Viveiro en Festas, creada recentemente por xente nova da localidade para organizar as festas patronais logo de varios anos nos que esta responsabilidade recaeu no Concello. Aínda hai prazas dispoñibles, polo que será posible inscribirse na cea ata o martes 25 de febreiro contactando co número de...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 23 DE FEBRERO
1 CAPITÁN AMÉRICA: BRAVE NEW WORLD - V 20:30
1 CAPITÁN AMÉRICA: BRAVE NEW WORLD - SD 17:30 21:00
2 PADDINGTON: AVENTURA EN LA SELVA - V 20:30
2 PADDINGTON: AVENTURA EN LA SELVA - SD 17:45 21:00
3 BRIDGET JONES: LOCA POR ÉL - V 20:30
3 BRIDGET JONES: LOCA POR ÉL - SD 21:00
3 POLICAN - SD 18:00
O Concello de Viveiro acolleu a presentación da regata III Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, organizada polo Club de Remo Celeiro. Terá lugar no porto de Celeiro o día 8 de marzo, sábado. O evento deportivo comezará ás 15:30 horas.
Participaron na presentación a alcaldesa, María Loureiro, e tres representantes do club: a súa presidenta, Belén Pérez Pérez; a tesoureira, Lucía Esquerdeiro Cabarcos; e o secretario, Óscar Canoura González.
Participarán na proba entre 10 e 12 clubs do norte de Galicia en todas as categorías, dende alevín a veteranos. Todos os clubs participantes proveñen da provincia da Coruña agás o propio Club de Remo Celeiro, único representante da provincia de Lugo.
“É unha excelente noticia que se celebre un ano máis esta regata, que se realiza grazas ao enorme...
leer másO Concello de Viveiro publicou as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o martes 4 de marzo. Especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Establécense diferentes categorías de adultos -carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantís, con individuais, parellas e grupos.
O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.
O xurado estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.
Este venres, día 21 de febreiro, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Da República ao golpe de 1936 (A Mariña, Viveiro e comarca), a cargo de Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial de Viveiro). O acto será ás 20:00 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, con entrada libre e gratuíta até encher o aforo.
No acto Carlos Nuevo Cal falará sobre “os grandes cambios e transformacións producidos pola proclamación da República na nosa bisbarra; tamén da caída do réxime monárquico da Restauración, así como da entrada nun tempo novo de grandes avances lexislativos nos eidos cívico, social e educativo que promoverían unha sociedade moderna, pluralista e fondamente democrática que fomentou o auxe do asociacionismo a nivel sindical: agrario, mariñeiro e obreiro, ao igual que nos ámbitos políticos,...
leer másO profesor e investigador Francisco Peña presentará o seu novo libro sobre saúde ambiental en Viveiro este xoves, 20 de febreiro, ás 20:00 horas; e en Ribadeo ao día seguinte, o venres 21, á mesma hora.
O Concello de Viveiro anuncia que “o 20 de febreiro a Sala Multiusos do Concello acollerá a presentación do novo libro de Francisco Peña, titulado Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: Las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI, unha obra que afonda na relación entre o medio ambiente e a saúde, temática na que o autor é un dos grandes referentes. Presidirá o acto a alcaldesa, María Loureiro García, e no evento o profesor Eleuterio Martínez Alcántara, científico de prestixio en América, intervirá por videoconferencia tras presentar a obra. Ademais o profesor Francisco Peña analizará o contido dos...
leer másDesde la organización explican que “otro año más, nuestra Resuland Chapel estará abierta para todas aquellas personas que quieran celebrar el amor en Resurrection Fest. Gracias a Thunderbitch podremos disfrutar de esta experiencia única brindando con su bebida otro año más”.
Y añaden: “lo estabais deseando… y sí, es oficial. Como no podía ser de otra forma, en Resurrection Fest volveremos a contar con nuestra Resuland Chapel. Pero no esperes una ceremonia de bodas al uso. Este será el lugar ideal para los que queráis sellar vuestro amor con un “sí quiero” realmente oscuro y tenebroso. No faltarán sorpresas extremas que seguro que recordaréis eternamente Además, celebraréis vuestro amor y un momento tan especial brindando con un chupito de Thunderbitch. La bebida mágica creada con el mejor whisky canadiense, y que os aportará un toque...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 16 DE FEBRERO
VIERNES 14
-Capitán América: brave new world – 21:00 horas
-Bridget Jones: loca por él – 21:00 horas
-Mikaela – 21:00 horas
SÁBADO 15
-Capitán América: brave new world – 17:30 y 21:00 horas
-Bridget Jones: loca por él – 17:45 y 21:00 horas
-Polican – 18:00 horas
-Mikaela – 21:00 horas
DOMINGO 16
-Capitán América: brave new world – 17:00 y 20:30 horas
-Bridget Jones: loca por él – 17:15 y 20:30 horas
-Polican – 17:30 horas
-Mikaela – 20:30 horas