Violencia de Xénero
Burela celebrará o 25 de novembro cun seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto, entre outras actividades, que deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Igualdade, Diana Durán. O 24 de novembro a antiga biblioteca será escenario do II Seminario sobre Violencia de Xénero, que organiza o Concello xunto a asociación Mulleres en Igualdade Burela. A cita xirará entorno á Mocidade ante a violencia de xénero.
Xa o 25 de novembro desenvolverase o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Segundo explica a concelleira de Igualdade, Diana Durán, “ao longo da mañá distribuiremos por Burela lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. Colocaremos na entrada do Concello un libro de sinaturas onde aquelas persoas que o desexen poderán...
leer más
Do 16 ao 29 de novembro celebraranse en Ribadeo diversos actos para conmemorar o día internacional da loita contra a violencia de xénero. Haberá teatro nos escaparates de catro comercios, conferencias e dúas performance. As actividades foron presentadas esta tarde nunha rolda de prensa que se celebrou no salón de plenos do Concello.
A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo e coa participación dos centros de ensino da vila, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa), co Grupo de...
leer más
O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María. Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá. Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero...
leer más