Vilaronte
A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas de San Xoán os vindeiros días 22 e 23 de xuño.
O sábado 22 ás 13:30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 23:00 horas celebrarase a verbena amenizada pola orquestra La Favorita e o Grupo Fénix.
O domingo 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz. Posteriormente celebrarase a procesión e a sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena a partires das 22:00 horas.
Organiza a asociación cultural O Atrio coa colaboración do Concello de Foz e Bar O Castro.
O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o estreo da obra titulada Un divorcio no pobo, do grupo de teatro Axóuxeres, desta mesma parroquia focense. Será o día 23 deste mes, sábado, ás 21:00 horas.
A obra está dirixida por Benito García Bolaño e a súa estrea en Vilaronte está organizada pola Asociación Cultural O Castro coa colaboración do Concello de Foz.
A parroquia focense de Vilaronte acollerá un acto solidario o día 4 de xaneiro, venres, e a 56ª edición da Cabalgata de Reis ao día seguinte. Son actividades organizadas pola asociación cultural O Castro, de Vilaronte, coa colaboración do Concello de Foz.
No acto solidario do venres 4 de xaneiro ás 21:00 horas no local da asociación cultural O Castro actuarán o grupo musical Mar Aberto e a compañía teatral Axóuxeres. O recadado destinarase a apoiar as sesións de movemento ABM-París que realiza a nena Lua Auel Rougier Pedreira.
E ao día seguinte, o sábado 5, celebrarase a Cabalgata de Reis de Vilaronte, que cumpre á súa 56ª edición. Os Magos de Oriente chegarán ao local da asociación cultural O Castro ás oito e media da tarde.