Tenis
Do 16 ao 29 de xullo disputarase o IV Torneo de Tenis Concello de Burela “Memorial José Luis Yebra”. O evento foi presentado esta tarde nas pistas de tenis da Marosa. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e membros do Club de Tenis-Pádel A Marosa.
O Torneo disputarase nas modalidades de individual absoluto, dobres absoluto e xoves promesas. As inscricións poderán realizarse ata o 13 de xullo por teléfono chamando ao 630 744 347 ou 687 433 380 e tamén por correo electrónico en clubdetenispadelamarosa@outlook.com
Ramiro Fernández Rey lembrou que “José Luis Yebra era un gran practicante de tenis aquí en Burela. Este é o cuarto ano que se celebra este Memorial, que foi unha iniciativa que iniciou o Club de...
leer másAs pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde mañá, venres, ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.
Desde mañá, venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.
A décimo novena edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 20 deste mes nas pistas de Marzán. Está organizado polo Foz Club de Tenis e colabora o Concello focense.
O torneo disputarase tanto en individual como en dobres na modalidade absoluto-mixto. A data límite de inscrición é este venres, día 11 de agosto, e agárdase unha participación semellante á do ano pasado.
Foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o directivo do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante.
Do 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que foi presentado esta mañá. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés.
O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios.
... leer más