O XVII Torneo Vila de Foz de Tenis celebrarase do 14 ao 23 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12.

O XVII Torneo Vila de Foz de Tenis celebrarase do 14 ao 23 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12.
 
O Torneo Vila de Foz de Tenis está a piques  de iniciar unha nova edición, desta vez a número 17ª, organizada un ano máis polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. Será entre os días 14 e 23 de agosto e o prazo de inscrición para os que desexen participar está aberto ata o día 12. Terá, como noutros anos, dúas modalidades: individual e dobre.
O presidente do Club de Tenis de Foz, Ramón Cajoto, deu algúns detalles sobre o desenvolvemento do torneo: “as inscricións pódense facer no bar Salado, que está enfronte da estación de servizo, ao lado das pistas de tenis, ou ben facer un ingreso nunha conta do Banco Sabadell que ten o Club. Simplemente con dicir que é para a inscrición é suficiente, non é necesario anotar a conta nin moito menos. Tamén poden chamarme a min por teléfono, que é 619 60 44 95”.
Un día despois do peche das inscricións, o 13 de agosto, celebrarase o sorteo ás 20:30 horas nas pistas de tenis do Concello, para comezar o 14 co torneo. As finais serán o domingo 23.
Cajoto destacou que as cotas para os participantes son baratas para axudar a que a xente se anime a inscribirse: “as cotas para socios son de 10 euros tanto individual como dobre. Para os non socios serán de 15 euros nas dúas modalidades. Poñémolo ao alcance de todo o mundo porque agora aquí en Foz hai moita xente pasando o verán e queremos facilitar que participen neste tipo de eventos e que sexan accesibles a todo o mundo.
Tamén o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, se referiu ao Torneo Vila de Foz esta mañá, unha competición na que o Concello participa como colaborado: “trátase dun torneo de tenis de moi bo nivel, no que participan xogadores locais, da Mariña e foráneos que se achegan a Foz en épocas estivais para gozar do noso municipio. É un torneo que ten sempre moita participación e hai  moita xente que se achega ás instalacións do Club de Tenis, as instalacións municipais que están detrás do pavillón é onde se vai desenvolver o torneo. Animo a todo o mundo e aos afeccionados ao tenis a que veñan gozar a Foz do bo tenis, do bo tempo e que, se queren gozar tamén do pobo, o fagan porque estamos en festas”.
O rexedor salientou a traxectoria do Club de Tenis e o seu traballo na dinamización deportiva da vila: “dámoslle a noraboa ao Club de Tenis de Foz, que un ano máis que fai un traballo marabilloso non só na organización deste torneo senón tamén durante todo o ano. O Club ten unha das mellores ligas da Mariña e da provincia de Lugo, moita xente vinculada ao deporte e moitos rapaces, que é o máis importante. Están facendo un traballo fabuloso e dende o Concello desexámoslles a máxima sorte para este torneo”.