Vintecinco asociacións da Mariña participan no "Movémonos", o programa deportivo, saudable e social da Deputación de Lugo.

Vintecinco asociacións da Mariña participan no "Movémonos", o programa deportivo, saudable e social da Deputación de Lugo.
 
O Deputado de Deportes, PabloRivera, presentou na Mariña o Movémonos, o programa deportivo, saudable e social que o organismo provincial retomaeste xoves en todo rural lugués. Fíxoo nun acto no Concello burelés, xunto ao Alcalde, Alfredo LLano, e representantes das 25 asociacións dos municipios da Costa que participan nesta programación. Trátanse de colectivos de Burela, Viveiro, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Cervo, Ourol e Muras.
 
Rivera Capón remarcou que“Movémonos está encamiñado a vencer os obstáculos que dificultan a práctica deportiva, promovendo a actividade física moderada en colectivos de distinta índole afincados en concellos lucenses, cuxo acceso á práctica deportiva e aos seus beneficios se atopa limitado”.
 
Un total de 82 asociacións, 25 da zona norte,41 do centro e17 do sur da provincia participan neste programa, achegando numerosas actividades deportivas a máis de 1.300 lucenses maiores ou con capacidades diferentes. Movémonos comezará o día 13 de outubro e prolongarase ata finais de ano.
 
Concretamente, na Mariña Lucense participan as seguintes asociacións: 
 
ZONA NORTE
Burela Asociación Camiña
Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental "A Mariña"
Fundacioneuson
Afan Burela (Alzheimer)
Viveiro Aspanane 1
Aspanane 2
Afavi
Ribadeo As. Asistencial Virxe Do Carme De Foz
Foz A Mariña- Cogami
Mondoñedo Centro San Pablo E San Lázaro
Asociación Ti Elixes
Asociación De Veciños O Castelo De Oirán
Escola Do Carmen
Asociación Veciñal San Andrés De Masma
A Pontenova Udp Val De Miranda
Trabada Asociación Os Tres Pes
Barreiros Asociación O Cazcallal (Vilamar)
Asociación A Parrala (Rilleira)
Asociación Celeiro De Mariñaos
Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña
Lourenzá Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe
Cervo Asociación Veciños Burgo De Trasbar
Aa.Vv. San Román De Vilaestrofe
Ourol Asociación Irmáns Vilar Ponte
Muras Asociación Cultural Xistral
 
Actividades
A metodoloxía de traballo basearase no Enfoque educativo do Construtivismo, o cal concibe a aprendizaxe como resultado dun proceso de construción persoal-colectiva dos novos coñecementos, a partir dos xa existentes e en cooperación cos compañeiros/as e os/as facilitadores/as. As actividades que se ofrecerán son as seguintes:
 
-Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.
 
-Ximnasia de mantemento:Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.
 
-Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir nonoso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previrenfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.
 
-Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
 
-Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.
 
-Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.