Premios
O xurado fallou a décimo sexta edición do certame de poemas de amor convocado pola biblioteca municipal de Foz. Os premios entregaranse durante o Festival dos Namorados, que se celebrará este sábado, día 4 de marzo, no salón de actos da Casa da Cultura focense.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, anunciou hoxe que “o xurado reuniuse o dia 24 de febreiro para seleccionar os gañadores do XVI Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 32 poemas, dos cales hai que salientar os recibidos de fóra de Foz, como ven sendo habitual, coa participación de xente de Lugo, Betanzos, Quiroga, Ribadeo, Burela, Xove,... na categoría de adultos. O participante de maior idade foi de 71 anos”.
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública queren “agradecer a todos a participación neste certame e...
leer más