musica
24/10/2016
Na Escola Vella de Adelán en Alfoz levaranse a cabo clases de gaita e percusión tradicional (tambor, bombo e pandeireta).
Estas clases están dirixidas a nenos/as e adultos e impartiranse todos os venres a partir das 19:00 horas.
A matrícula está aberta e as persoas interesadas poden recabar máis información ou facer a súa inscrición no número de teléfono 699 39 66 64.
01/09/2016
A asociación Amado Lar organiza para este sábado, día 3, a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro que terá lugar na praza Santa María a partir das 20:30 horas. Actuarán os grupos da Asociación de Bai.le y Música Tradicional La Xordia, de Oviedo; da Sociedade Cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido; e do colectivo anfitrión: a Asociación Cultural Amado Lar. O evento foi presentado polas representantes da xunta directiva da asociación Amado Lar Mari Carmen Lorenzo, Esther Cora e Nuria García; o concelleiro de Cultura, Eduardo Chao; e o técnico municipal de Cultura, Juan Novás.
A membro da directiva de Amado Lar Nuria García explicou que “é unha mostra que se fai anualmente. Haberá un pasarrúas que se fai desde a Casa da Cultura de...
leer más 24/08/2016
A música de cine será a protagonista do concerto que a Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá este venres no parque San Francisco a partir das 22:00 horas. En caso de mal tempo celebrarase no Cine Teatro.
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “este vindeiro venres 26 ás dez da noite no parque San Francisco de Ribadeo, a Banda Municipal de Música de Ribadeo volverá a actuar despois dos concertos de Cabanela e máis de San Roque. Esta vez será polo terceiro concerto que faremos de música de cine”.
David Ballester explicou que “son pezas todas de bandas sonoras de películas bastante coñecidas como Harry Potter, La Guerra de las Galaxias, El...
leer más 02/08/2016
O Grupo Humorístico Trípode organiza en Alfoz unha gala benéfica o vindeiro 13 de agosto, coa intención de recadar fondos para Cáritas, tal e como vén facendo nos últimos anos. Nesta ocasión estará acompañado no escenario por uns artistas moi especiais, posto que varios membros da mítica orquestra "Maseda" volverán a dar un concerto despois de moitos anos.
O Grupo Trípode estreará nesta ocasión unha nova obra teatral de autoría propia, na que actuarán nove actores baixo a denominación de "Trípode e amigos". A cita será o 13 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
27/07/2016
O Campo da Cabana acollerá mañá, xoves, unha degustación de xamón gratuíta, durante o fin de semana haberá varias actividades musicais en Foz e o luns empezarán as XXI Xornadas de Historia Local. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura focense, Silvia Blach.
“Mañá, xoves, día 28 ás oito da tarde temos no Campo da Cabana degustación de xamón gratuíta a cargo da Pulpería Chelo e a música vai ser de parte de Juan Soto e Jorge Ibáñez. Organizan os establecementos do Campo da Cabana. E o venres 29 ás nove da noite na Praza do Concello rematará a XI edición de Sons na Rúa cun concerto da Coral Polifónica de Foz. O sábado, día 30, na basílica de San Martiño de Mondoñedo ás sete da tarde haberá un concerto de música do barroco francés a...
leer más 26/07/2016
A quince días para la celebración del Why Not Here Fest 2016 que tendrá lugar en Foz los días 11, 12 y 13 de agosto, se ultiman los preparativos de este evento que reunirá a veinticuatro bandas del panorama español e hispanoamericano.
El festival dará comienzo el 11 de agosto con las actuaciones de Deville, Macaco, Abuela Coca, Arrhythmia, Festicultores, La Desbandada, El Chamuyo, El Sombrero del Abuelo y Gonzalo Brown.
El segundo día de festival, el 12 de agosto, intervendrán Loquillo, Mago de Oz, Def con Dos, Ciclonautas, Reytoro, Snake y Tarascada.
El Why Not Here Fest 2016 concluirá el 13 de agosto con los...
leer más 14/07/2016
A A.C.R.D. Aturuxeiros de Bravos organiza a V edición do Festival Aturuxo que terá lugar en Bravos-Ourol o día 30 de xullo.
Comezará ás 13:30 horas coa sesión vermú a cargo de AC Son D´aquí. Durante a tarde haberá xogos e competicións populares, ademais impartirase o obradoiro de baile 100% Cempés, previa inscrición e cun prezo de 3 euros para os socios e 5 euros para non socios.
Ás 21:30 horas comezarán os concertos coas actuacións de Punkestra Chumeiras, Os Cempés, Zénzar e Skandalo GZ. A entrada e a acampada serán de balde.
06/07/2016
Mañá, 7 de xullo, a partires das 19:30 horas, o Parque de San Francisco acollerá actividades de maxia, pallasos e música dentro do programa Vive o Camiño da Consellería de Cultura da Xunta.
O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, anunciou que “este xoves ás sete e media da tarde, vai botar andar no Parque de San Francisco, un serán cheo de entretemento e diversión para o público familiar con actuacións ben diversas e todas elas cun claro obxectivo, facernos pasar uns bos momentos. Unha tarde de verán de comezos do mes de xullo chea de maxia, pallasos e música”.
O edil nacionalista contou que “estas actividades están encadradas dentro do...
leer más 01/07/2016
A Escola Municipal de Música de Burela acolle o VII Curso Interdisciplinar de Música, que se celebrará do 4 ao 8 de xullo. Dentro deste curso que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas, haberá un taller infantil no que poderán participar todos os nenos desde 4 anos. É de balde e terá lugar de 10:00 a 11:30 horas. O Curso Interdisciplinar de Música achegará aos asistentes, arredor de 100, á ópera.
O director do curso e da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, manifestou que “con esta cita esquecemos un pouquiño a traxectoria do inverno, onde hai uns estudos más regulados e dedicámonos a facer este curso como unha mera actividade lúdica, sen esquecer o primeiro obxectivo que é o pedagóxico”.
... leer más 08/06/2016
O Grupo Vocal Son de Nós ofrecerá unha masterclass destinada ao alumnado do IES Perdouro de Burela, o venres 10 de xuño ás 12:00 horas.
O mestre viveirés Plácido Travieso Fernández, pianista e profesor de piano do Conservatorio de Música de Viveiro, aproveitará para presentar o seu método. Éste leva por título Intervalos, acordes, graos de escala e ditado (apuntamentos de teoría e ditado musical para uso do alumnado).