A Casa da Cultura de Alfoz acollerá o vindeiro 13 de agosto unha gala benéfica a favor de Cáritas na que haberá teatro e tamén música.

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá o vindeiro 13 de agosto unha gala benéfica a favor de Cáritas na que haberá teatro e tamén música.
 
O Grupo Humorístico Trípode organiza en Alfoz unha gala benéfica o vindeiro 13 de agosto, coa intención de recadar fondos para Cáritas, tal e como vén facendo nos últimos anos. Nesta ocasión estará acompañado no escenario por uns artistas moi especiais, posto que varios membros da mítica orquestra "Maseda" volverán a dar un concerto despois de moitos anos. 
 
O Grupo Trípode estreará nesta ocasión unha nova obra teatral de autoría propia, na que actuarán nove actores baixo a denominación de "Trípode e amigos". A cita será o 13 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Alfoz.